anamuino.com

Os lesionados en accidente de tráfico poden elixir o centro no que recibir rehabilitación

Noticias Categoría de noticias Os lesionados en accidente de tráfico poden elixir o centro no que recibir rehabilitación
Os lesionados en accidente de tráfico poden elixir o centro no que recibir rehabilitación

Un lesionado por accidente de tráfico pode, por dereito, elixir o centro onde recibir a rehabilitación, aínda que na práctica a posibilidade de elección é moi limitada.

“Neste sentido, desde o CoFiGa infórmase á poboación que o lesionado por accidente de tráfico que decidise elixir o centro/clínica onde quere recibir o tratamento pode: “acordar coa compañía aseguradora a prestación do servizo noutro centro alternativo ao designado por esta, de forma que dita aseguradora faga o pago directo ao centro elixido ou ben, no caso de que a aseguradora non se faga cargo do pago directo ao centro elixido, dirixirse ao que estime oportuno, abonar o tratamento e, ao finalizalo, reclamar o seu pago íntegro á compañía. Neste último caso, as compañías aseguradoras abonaranlle o tratamento no período que vaia ata a data que se considere de alta tras a situación de incapacidade temporal (IT), data fixada ben de común acordo ou ben declarada en sentenza”.

Nos accidentes de tráfico, as lesións máis frecuentes son as escordaduras cervicais ou “lategazo cervical” e as lesións lumbares ou do ombreiro, presentes no 70% das persoas que tiveron algún accidente de coche.

O lategazo cervical ou escordadura cervical consiste nunha lesión producida pola hiperextension brusca do pescozo seguida dunha flexión. Resulta especialmente grave nas colisións por alcance, mesmo a baixas velocidades, e nos choques laterais.

O traumatismo pode producir lesións dos ligamentos do pescozo e lesións óseas. O espectro de lesións pode ir desde a simple escordadura leve ata a sección medular con tetraplexia. Normalmente maniféstase cunha dor muscular acompañada dunha certa rixidez que responde á necesidade que ten o organismo de manter inmóbil a zona afectada.

O presidente do CoFiGa explica que “a complexidade da valoración e do tratamento fai que a figura do fisioterapeuta sexa imprescindible, xa que os coñecementos necesarios son impartidos únicamente nas universidades”, para rematar recordando á poboación que “a elección dun profesional sanitario é garantía de calidade asistencial”.

 

 

Fuente: http://corunadn.es/os-lesionados-en-accidente-de-trafico-poden-elixir-o-centro-no-que-recibir-rehabilitacion/


Noticias Categoría de noticias Os lesionados en accidente de tráfico poden elixir o centro no que recibir rehabilitación